Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 09 de setembro de 1996 Páx. 8.270

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

MINISTERIO DE ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

REAL decreto 1790/1996, do 19 de xullo, sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia dos medios adscritos á xestión encomendada en materia de agricultura (FEGA).

A Constitución española resérvalle ó Estado, no artigo 149.1.13º, a competencia sobre as bases e coordinación da planificación xeral da actividade económica.

Por outra parte, o Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, atribúelle á Comunidade Autónoma galega, no seu artigo 30.1.tres, a competencia exclusiva en materia de agricultura e gandería, de acordo coas bases e a ordenación da actuación económica xeral e da política monetaria do Estado, nos termos do disposto nos artigos 38, 131 e no artigo 149.1.11 e 13º da Constitución.

A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no artigo 15, regula os convenios de encomenda de xestión.

Acordado o traspaso de medios vinculados ás funcións correspondentes ás competencias autonómicas e acordado tamén entre o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a Comunidade Autónoma de Galicia, o convenio de encomenda de xestión en canto ás actuacións relativas á intervención e regulación de mercados, procede traspasa-los medios persoais e orzamentarios precisos para a xestión que se cita.

A comisión mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, para proceder ó referido traspaso, adoptou ó respecto, na súa sesión do pleno celebrado o día 21 de decembro de 1995, o oportuno acordo, a virtualidade práctica do cal esixe a súa aprobación polo Goberno mediante real decreto.

Na súa virtude, en cumprimento do disposto na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, por proposta do ministro de Administracións Públicas e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa sesión do día 19 de xullo de 1996,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o acordo da comisión mixta de transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, adoptado polo pleno da dita comisión, na súa sesión do día 21 de decembro de 1995, sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia dos medios persoais e orzamentarios precisos para a xestión en canto

ás actuacións relativas á intervención e regulación de mercados e que se transcribe como anexo ó presente real decreto.

Artigo 2º

En consecuencia, quedan traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia os medios e créditos orzamentarios que se relacionan no propio acordo da comisión mixta, nos termos alí especificados.

Artigo 3º

O traspaso a que se refire este real decreto terá efectividade a partir da data sinalada no acordo da mencionada comisión mixta, sen prexuízo de que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación produza, ata a entrada en vigor deste real decreto, se é o caso, os actos administrativos necesarios para o mantemento dos servicios no mesmo réxime e nivel de funcionamento que tivesen no momento da adopción do acordo.

Artigo 4º

Os créditos orzamentarios que se determinen, de conformidade coa relación número 3 do anexo, serán dados de baixa nos correspondentes conceptos orzamentarios e transferidos polo Ministerio de Economía e Facenda ós conceptos habilitados na sección 32 dos orzamentos xerais do Estado, destinados a financia-lo custo dos servicios asumidos polas comunidades autónomas, unha vez que se remitan ó departamento citado por parte do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación os respectivos certificados de retención de crédito, co fin de dar cumprimento ó disposto na normativa vixente sobre orzamentos xerais do Estado para 1996.

Disposición derradeira única

O presente real decreto será publicado simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, adquirindo vixencia a partir da súa publicación.

Dado en Madrid o 19 de xullo de 1996.

Xoán Carlos R.

Mariano Rajoy Brey

Ministro de Administracións Públicas

ANEXO

Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín, secretarios da comisión mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia,

Certifican:

Que na sesión plenaria da comisión mixta, celebrada o día 21 de decembro de 1995, se adoptou

acordo polo que se lle traspasan á Comunidade Autónoma de Galicia os medios persoais e orzamentarios correspondentes á xestión das funcións e servicios en materia de agicultura (FEGA) nos termos que a seguir se expresan.

A) Referencia a normas constitucionais, estatutarias e legais nas que se ampara o traspaso.

O artigo 149.1.13º da Constitución establece que queda reservada ó Estado a competencia sobre as bases e coordinación da planificación xeral da actividade económica.

O Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado por Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, atribúelle á Comunidade Autónoma galega, no seu artigo 30.1.tres a competencia exclusiva en materia de agricultura e gandería, de acordo coa ordenación xeral da economía.

A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no artigo 15, regula os convenios de encomenda de xestión.

Acordado o traspaso de medios vinculados ás funcións correspondentes ás competencias autonómicas e acordado tamén entre o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a Comunidade Autónoma de Galicia o convenio de encomenda de xestión en canto ás actuacións relativas á intervención e regulación de mercados, procede traspasa-los medios persoais e orzamentarios precisos para a xestión que se cita, completando o persoal traspasado á Comunidade Autónoma para o exercicio das súas competencias na materia, co que se recolle neste acordo.

B) Medios persoais adscritos ós servicios a xestión dos cales asume a Comunidade Autónoma e que se traspasan a esta.

1. O persoal adscrito ós servicios dos cales a xestión será exercida pola Comunidade Autónoma de Galicia, e que aparece citado na relación adxunta número 1, pasará a depender da Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos legalmente previstos no Estatuto de autonomía e demais normas en cada caso aplicables e nas mesmas circunstancias que se especifican nos seus expedientes de persoal.

2. A Subsecretaría do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación notificaralle ós interesados o traspaso e a súa nova situación administrativa, tan pronto como o Goberno aprobe o presente acordo por real decreto. Así mesmo remitiraselle ós órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia unha copia certificada de tódolos expedientes deste persoal traspasado, así como dos certificados de haberes referidos ás cantidades devengadas durante 1996.

C) Bens, dereitos e obrigas que se traspasan.

Traspásanse á Comunidade Autónoma de Galicia os bens inmobles e dereitos que se detallan na relación adxunta número 2.

No prazo dun mes desde a publicación do real decreto polo que se aproba este acordo asinaranse as correspondentes actas de entrega e recepción de mobiliario, equipos e material inventariable.

D) Valoración definitiva das cargas financeiras correspondentes ós medios persoais e orzamentarios correspondentes á xestión das funcións e servicios que se traspasan.

1. A valoración definitiva do custo efectivo que, en pesetas de 1990, corresponde ós medios adscritos ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia elévase a 106.898.497 pesetas.

2. O financiamento, en pesetas de 1996, que corresponde ó custo efectivo anual dos medios que se traspasan detállase na relación adxunta número 3.

3. O custo efectivo que figura detallado nos cadros de valoración da relación número 3 financiarase da seguinte forma:

Transitoriamente, ata que o custo efectivo se compute para revisa-la porcentaxe de participación da Comunidade Autónoma de Galicia nos ingresos do Estado, o custo total financiarase mediante a consolidación na sección 32 dos orzamentos xerais do Estado dos créditos relativos ós distintos compoñentes no dito custo, polos importes que se determinen, susceptibles de actualización polos mecanismos xerais previstos en cada lei de orzamentos.

As posibles diferencias que se produzan durante o período transitorio, a que se refire o parágrafo anterior, respecto do financiamento dos servicios transferidos, serán obxecto de regularización no peche do exercicio económico, mediante a presentación das contas e estados xustificativos correspondentes ante unha comisión de liquidación que se constituirá no Ministerio de Economía e Facenda.

E) Inventario da documentación.

A entrega de documentación e expedientes dos servicios traspasados realizarase no prazo dun mes desde a publicación do real decreto polo que se aproba este acordo.

F) Data de efectividade do traspaso.

O traspaso de medios obxecto deste acordo terá efectividade a partir do día seguinte ó da entrada en vigor do real decreto polo que se aprobe este acordo.

E para que conste, expedímo-la presente certificación en Madrid, o 21 de decembro de 1995. Os secretarios da comisión mixta, Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín.

RELACIÓN NÚMERO 2

Galicia

Inmobles - FEGA

LocalidadeEnderezoSituación xurídicaSuperficie

m

A CoruñaRúa Barrio Monelos,

plantas 4ª e 5ª.

ESAM595

LugoRúa Ronda Muralla, 134,

plantas 1ª e 5ª

Arrendamento290

OurenseAvenida Habana, 79.Precario497
Rúa Curros Enríquez, 1,

planta 7º.

Precario41

VigoEstación Marítima.Arrendamento200

Vehículos - FEGA

ProvinciaMatrículaModeloData de

matriculación

OurensePMM-9632-FSeat Málaga17-10-1988
PMM-9833-FSuzuki Vitara27-1-1993
PMM-9529-FPeugeot 205 GL10-12-1986
LugoPMM-9799-FOpel Corsa Swing18-11-1992
PMM-9587-FPeugeot 205 GL13-7-1988
PontevedraPMM-9846-FCitroën AX22-3-1993
PMM-5464-FCitroën Visa10-12-1987
PMM-9748-FCitroën AX18-6-1990
PMM-9579-FPeugeot 205 GL13-7-1988
A CoruñaPMM-9835-FSuzuki Vitara27-1-1993
PMM-1428-FFord Escort28-7-1986
PMM-9832-FSuzuki Vitara1-6-1993

Total12

RELACIÓN NÚMERO 3

Galicia

Custo da ampliación de medios do FEGA

Pesetas

I. Capítulo I: Gastos de persoal.
Organismo 201
Programa 715A.
Artigo 12 99.272.286
Artigo 13 3.528.908
Artigo 16 11.391.549

Servicio 03.
Programa 712A.
Artigo 12 11.752.518
Artigo 16 2.266.374

Servicio 01.
Programa 711A.
Artigo 12 13.742.480
Artigo 16 535.701

Servicio 02.
Programa 711A.
Artigo 12 1.631.202

Total capítulo I 144.121.018

II. Capítulo II: Gastos correntes en

bens e servicios.

Servicio 03.
Programa 711A.
Artigo 20 4.045.893
Artigo 22 7.669.718

Total capítulo II 11.715.611

Total traspaso 155.836.629

6499