Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 06 de setembro de 1996 Páx. 8.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación que se cita. (Expediente número 118/1996).

Para os efectos previsto no Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude da empresa Euro Vento, S.L. Unipersonal, con dirección e r/ Galeras, 17, piso 3, oficina 3, de Santiago de Compostela (A Coruña) para autorización administrativa do parque eólico Paxareiras II C, e con base nos seguintes datos:

-Municipios afectados: Muros, Carnota e Mazaricos.

-Superficie afectada e coordenadas 1.800 ha e V1(494700 W, 4746000 N), V2(495000 W, 4746500 N), V3(495000 W, 4750000 N), V4(498500 W, 4750000 N), V5(499000 W, 4745000 N), V6(498000 W, 4744000 N), V7(497118 W, 4745516 N), V8(494700 W, 4746000 N).

Potencia que se instalará: 20,4 MW.

Durante o prazo de vinte días, poderán presentarse solicitudes en competencia, axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de

Galicia, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 21 de agosto de 1996.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións

6245