Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 06 de setembro de 1996 Páx. 8.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 198/1994).

Autorizada e declarada de utilidade pública a instalación da liña eléctrica a 15/20 kV desde a subestación de San Marcos ó polígono industrial de Bergondo, nos termos municipais de Oleiros e Cambre (expediente nº 198/1994), por resolución desta delegación con data 25-4-1995, e declarada a urxente ocupación dos bens e dereitos que se afectan pola imposición de servidumes de paso de enerxía eléctrica por Decreto 272/1996, do 27 de xuño (Diario Oficial de Galicia do 5 de xullo de 1996), da Consellería de Industria e Comercio, a prol da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con

domicilio na r/ Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña.

Fáiselles saber ós titulares dos predios que se conteñen na relación que se publicou no DOG con data 14-8-1995, que se expón actualizada nos taboleiros de edictos das casas dos concellos de Oleiros e Cambre, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que os días 9 e 10 de outubro de 1996, a partir das 10 horas o primeiro día e a partir das 11 o segundo día, o representante da Administración acompañado dun perito, se constituirán nos predios para a toma de datos para levantaren a continuación nas citadas casas dos concellos, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, as actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens expropiables, e se farán consta-las manifestacións e datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados; podendo facerse acompaña-los interesados dos seus peritos e dun notario, pola súa conta, e formular por escrito ante esta delegación

ata aquel momento as alegacións para os sós efectos de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.

A Coruña, 13 de agosto de 1996.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións

6388