Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 06 de setembro de 1996 Páx. 8.261

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CÉDULA do 16 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación das resolucións dos expedientes 36/37/96 Consumo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do dito expediente por infracción en materia de defensa do consumidor e usuario.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó número de conta 020222/3 da Caixa de Aforros de Pontevedra, código 3111, da oficina principal 001, de Pontevedra, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día ó da presente publicación. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados no Servicio de Consumo desta delegación provincial, sito na Avda. de Vigo, 16, de Pontevedra. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da devandita lei, contra esta resolución, e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Pontevedra, 16 de xullo de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36/37/96.

Denunciado: Modas Picapiedra, S.L.

DNI/NIF: B-36.782.993.

Último enderezo coñecido: r/ Triunfo, 7-baixo. Vigo-Pontevedra.

Feito denunciado: incumprimento norma publicidade prezos.

Tipificación da infracción. R.D. 1945/1983: artigo 3.3.4.

Sanción: 20.000 ptas.

9606267