Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 06 de setembro de 1996 Páx. 8.240

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CINCO DE MADRID

EDICTO de poxa (705/1991).

O xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Madrid, fai saber:

Que neste xulgado do meu cargo, baixo o nº 705/1991, se seguen autos de executivo outros títulos, por instancia do procurador Luis Piñeira de la Sierra, en representación de Banco Español de Crédito, S.A., contra María Paloma Cortés Lobato e Video, S.A., en reclamación de cantidade, e nas súas actuacións acordouse sacar á venda, en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo do seu aval, os seguintes predios embargados ós demandados María Paloma Cortés Lobato e á entidade Video, S.A.

1. Núa propiedade do piso terceiro esquerdo da praza Mestre Mateo nº 5 da Coruña. Predio rexistral nº 72795, inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña.

2. Núa propiedade do piso sito na praza Mestre Mateo nº 5, primeiro dereita da Coruña, predio rexistral 72787 do Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña.

3. 1/5 parte da oitava parte indivisa en núa propiedade da casa número 2 ó 27 da Praza de Galicia da Coruña, predio rexistral 8641, inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña.

4. Núa propiedade dunha corentava parte dunha rústica de labradío en Brea, parroquia de Santa María de Guísamo, horta amurallada, predio rexistral nº 11548, inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito nesta capital, r/ Capitán Haya, nº 66, primeiro andar, o vindeiro día 18 de outubro de 1996, ás doce horas, consonte as seguintes condicións:

1. O tipo do remate será de:

1º. 4.250.000 pesetas para a núa propiedade do predio rexistral nº 72795, inscrito no Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña.

2º. 2.250.000 ptas. para a núa propiedade do predio rexistral nº 72787, inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña.

3º. 15.000.000 de ptas. para a núa propiedade da quinta parte dunha oitava arte indivisa (1/40 parte), do predio rexistral nº 8641, inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña.

4º. 1.500.000 ptas. para a núa propiedade dunha corentava parte indivisa do predio rexistral nº 11548, inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos (A Coruña), sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación, deberán os licitadores consignar previamente na mesa do xulgado ou establecemento que se destine para o efceto, o cincuenta por cento do tipo do remate.

3. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o cincuenta por cento do tipo do remate.

4. Poderá facerse o remate en calidade de ceder unicamente polo executante.

5. Reservaranse en depósito, por instancia do acredor, as consignacións dos ofertantes que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a prol dos que o sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

6. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, atópanse de manifesto na secretaría do xulgado, e deberán os licitadores conformarse con eles, sen poderen esixir outros.

7. As cargas e os gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

8. Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro 19 de novembro de 1996, ás doce horas,

nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo do remate, que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, en caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 19 de decembro de 1996, tamén ás doce horas, e rexerán para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Sírvalle-la publicación do presente edicto de notificación en forma ós demandados María Paloma Cortés Lobato e a entidade Video, S.A.

Dado en Madrid o vinte de maio de mil novecentos noventa e seis.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

5466