Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 06 de setembro de 1996 Páx. 8.241

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DE VIGO

EDICTO (310/1995).

Eu, Luis Diego Espino Hernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número dez dos de Vigo e o seu partido, fago saber, que neste xulgado se seguen autos de xuízo de cognición co número 310/1995, por instancia do Real Club Náutico de Vigo, representado pola procuradora Gloria Quintas Rodríguez, fronte a José María Álvarez Suárez, sobre reclamación de cantidade.

Por providencia desta data acordouse empraza-lo demandado José María Álvarez Suárez, que tivo o seu último domicilio en Ourense, r/ José Antonio nº 5, 1º, para que no prazo improrrogable de nove día hábiles, compareza nos autos, co apercibimento de que, de non o verificar, se declarará a súa rebeldía, indicándolle que ten na secretaría deste xulgado as copias da demanda e documentos con ela achegados.

E para que lle sirva de emprazamento ó devandito demandado, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Vigo, o día cinco de xullo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

5876