Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 05 de setembro de 1996 Páx. 8.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

CONVOCATORIA de proceso selectivo para cubrir dúas prazas de auxiliar de Administración xeral e auxiliar de biblioteca.

No BOP da Coruña do día 13 de xullo de 1996, publicáronse as bases das probas selectivas para proveer, por oposición, unha praza da subescala auxiliar de Administración xeral e outra de auxiliar da biblioteca.

As instancias nas que se solicite tomar parte nos procedementos selectivos poderán presentarse no rexistro xeral deste concello ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio das convocatorias no BOE, e deberanlles achegar a estas xustificantes do ingreso da cantidade de 1000 ptas. en concepto de dereitos de exame.

Miño, 16 de xullo de 1996.

Jesús Veiga Sabín

Alcalde Acctal.