Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 05 de setembro de 1996 Páx. 8.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE DODRO

ANUNCIO de oferta de emprego público para 1996.

O Concello de Dodro (A Coruña), en sesión do día 24 de xuño de 1996, acordou aproba-la oferta de emprego público, en cumprimento do disposto no artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e no artigo 128.1º do texto refundido aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, segundo o seguinte detalle:

-Funcionarios de carreira. Grupo, segundo o artigo 25 da Lei 30/1984, B. Clasificación: escala de Administración especial; subescala técnica. Número de vacantes: unha. Denominación: asistente social.

-Persoal laboral fixo: operario de obras e servicios. Nivel de titulación: estudios primarios. Número de vacantes: 2.

Dodro, 11 de xullo de 1996.

O alcalde

Rubricado