Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 05 de setembro de 1996 Páx. 8.236

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

REAL ACADEMIA DE BELAS ARTES NOSA SEÑORA DO ROSARIO

ANUNCIO.

A Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario anuncia a provisión dunha vacante de académico correspondente á que se poden presentar persoas de nacionalidade española ou extranxeira, e poderán residir dentro ou fóra de Galicia.

As persoas que polas súas actividades a prol da arte se consideren en posesión das condicións esixidas para aspirar a esta praza, deberán acredita-los seus méritos mediante presentación do seu respectivo currículum vitae, e terán que ser propostas, cada unha delas, por tres académicos de número, dentro do prazo dun mes a partir da publicación do presente anuncio.

Enderezo da academia: Praza do Pintor Sotomayor, s/n. 15001 A Coruña.

A Coruña, 15 de xullo de 1996.

P.D.

O presidente

Rubricado