Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 05 de setembro de 1996 Páx. 8.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 19 de xullo de 1996, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra, pola que se fai público o acordo de concentración parcelaria da zona de Losón (Vila de Cruces-Pontevedra).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Losón (Vila de Cruces-Pontevedra), declarada de utilidade pública a urxente execución polo Decreto/Orde do 24-7-1986, o seguinte:

Primeiro.-Con data 10 de xullo de 1996, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Losón (Vila de Cruces-Pontevedra), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto o público na Casa do Concello de Vila de Cruces e na zona, durante trinta días hábiles, desde o seguinte día en que sexa publicado o derradeiro dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación desta e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Terceiro.- No prazo dos trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, podendo os recorrentes presenta-los recursos no rexistro da Delegación Provincial de Agricultura, Gandería e Montes (r/ Benito Corbal, 47-4º, Pontevedra), no rexistro xeral da consellería (edificio de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º

da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para facérlle-las notificacións que procedan, e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facerlle as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Pontevedra, 19 de xullo de 1996.

P.A.

José Manuel Fernández Castro

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento

Rural de Pontevedra