Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 05 de setembro de 1996 Páx. 8.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CÉDULA do 30 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador P-179/1995 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

Os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar

ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 30 de xullo de 1996.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente:P-179/1995.

Denunciado: José Martínez Ibáñez.

Último enderezo coñecido: Xinzo-Parada, s/n-Ponteareas.

Feito denunciado: dedicarse á pesca furtiva da lamprea, a man, en época de veda, o día 1 de maio de 1995, no río Tea-Ponteareas.

Precepto infrinxido: artigo 34.8º e outra artigo 34.11º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 55.000 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca 1 ano.