Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 04 de setembro de 1996 Páx. 8.196

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o pasado 26 de xullo, adoptou o acordo de corrixi-lo erro detectado no plano 3.11 do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU), relativo á aliñación trazada na zona da Ribeira do Viso, concretamente na praza existente na confluencia das rúas Ponte do Viso e Ribeira do Viso.

O expediente exponse ó público na Sección de Planeamento e Xestión, polo prazo de quince días hábiles, co obxecto de que se poidan formula-las alegacións que consideren oportunas. O prazo sinalado computará desde o día seguinte ó da derradeira publicación (DOG, BOP ou prensa).

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 1996.

O alcalde

Rubricado

6387