Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 04 de setembro de 1996 Páx. 8.196

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación do estudio de detalle da U.A. IV Canido Porto.

A Comisión de Gobierno, con data do 12 de agosto de 1996, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente o estudio de detalle da U.A. IV Canido Porto, formulado pola sociedade mercantil Guillermo Curbera e Hijos, S.L., e redactado polos arquitectos José M. Quinteiro Crespo e Pedro Luis López Ruipérez, con visados do COAG de datas 24 e 31 de xullo de 1996, consonte os informes e demais documentación do expediente administrativo municipal 4120/411.

Segundo. Somete-lo expediente ó trámite de información pública, durante o prazo de quince días, mediante, a publicación de anuncios no DOG, BOP, nun dos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, con notificación persoal ós propietarios e restantes interesados.

Terceiro. Sinalar como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición a abranguida polo seu ámbito.

O que se fai público para xeral coñecemento, coa indicación de que a documentación está ó dispor dos interesados na oficina muncipal de información (planta baixa da Casa do Concello) para exame e alegacións.

Vigo, 27 de agosto de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

6016