Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 04 de setembro de 1996 Páx. 8.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUROS

ANUNCIO.

O Concello de Muros anuncia a súa oferta de emprego público de 1996 e a convocatoria dos procesos para a provisión das prazas que máis abaixo se relacionan, de conformidade co acordo adoptado polo Pleno da Corporación na sesión do 22 de xullo de 1996,

Oferta de emprego público 1996

A oferta de emprego público do Concello de Muros para 1996 comprende as seguintes prazas:

A. Persoal funcionario.

1 asistente social, pertencente á subescala técnica superior de Administración especial, grupo B.

1 administrativo, pertencente á subescala administrativa de Administración xeral, grupo C.

1 operador informático, pertencente á subescala técnica auxiliar de Administración especial, grupo D.

1 policía local, pertencente á subescala de servicios especiais, grupo E.

B. Persoal laboral fixo.

1 oficial/operador de retroescavadora da brigada de obras, pertencente á categoría de persoal de oficios, equivalente ó grupo D.

2 operarios/conserxes, pertencentes á categoría de persoal de oficios, equivalente ó grupo E.

Bases xerais da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. O obxecto da convocatoria é a provisión en propiedade das prazas citadas anteriormente, de acordo coa oferta de emprego público deste concello para 1996, consonte o que dispoñen a Lei 30/1984, do 2 de agosto, a Lei 7/1985, do 2 de abril, o Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e a Lei do Parlamento de Galicia 4/1988, do 26 de maio.

1.2. Os tribunais de selección non poderán aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número de aspisrantes superior ó de prazas convocadas.

1.3. Reservaranse prazas para promoción interna entre os funcionarios e, se é o caso, traballadores laborais da corporación que estean en servicio activo

e que teñan as condicións de titulación, antigüidade e demais requisitos esixidos en cada convocatoria, de conformidade coa normativa legal aplicable en cada caso.

2. Requisitos.

Para participar nas probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser cidadán español.

b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non pasar daquela na que falten menos de 10 anos para a xubilación forzosa por idade.

c) Te-lo título esixido ou estar en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte na presente convocatoria.

d) Non ter enfermidade ou eiva física que impida o desempeño das funcións correspondentes. As persoas que padezan minusvalidez deberán facelo constar na instancia sinalando se precisan adaptación das probas.

e) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio ó Estado, ás comunidades autonomas ou ás entidades locais, nin se encontrar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

Os anteriores requisitos e os específicos que se esixen para cada unha das prazas deberanse reunir con referente ó último día do prazo de presentación de solicitudes e será nulo o nomeamento como funcioanrio dos aspirantes que estean incursos en causas de incapacidade conforme a normativa vixente.

3. Solicitudes.

Os que queiran participar deberán facelo constar en instancia dirixida ó alcalde da corporación, que se presentarán no rexistro xeral do concello (directamente ou a través dos sistemas previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro), no prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, e á que achegarán recibo que acredite o pagamento da cantidade de 1.000 ptas. por dereitos de exame na tesourería do concello (directamente ou por xiro postal e achegando, neste último caso, copia do resgardo).

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Para ser admitido e tomar parte nas respectivas convocatorias será suficiente con que os aspirantes manifesten nas instancias que reúnen todas e cada unha das condicións sinaladas no número 2 destas bases, ademais das que para cada praza se sinalen nos respectivos anexos.

4.2. Rematado o prazo de presentación de instancias, a presidencia da corporación aprobará no prazo dun mes a lista de admitidos e excluídos, que se publicará no BOP e no taboleiro de edictos da corporación, coa indicación do prazo de corrección que nos termos do artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, se conceda ós aspirantes excluídos.

4.3. A mesma resolución da alcaldía conterá a composición do tribunal e o lugar, hora e data de comezo dos exercicios.

5. Tribunais cualificadores.

5.1. Os tribunais das probas selectivas serán designados consonte o que dispón o Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, e a súa composición farase pública de acordo co establecido na base anterior.

5.2. Os membros do tribunal deberanse abster de intervir cando concorran as circunstancias que prevé o artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou prepararan aspirantes ás probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran aquelas circunstancias.

5.3. O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a presencia de, cando menos, tres dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

5.4. O tribunal resolverá tódalas dúbidas que xurdan na aplicación das presentes normas e nos casos non previstos por elas.

5.5. Tamén poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas da oposición, de xulgalo pertinente. Estes asesores limitaranse a presta-la colaboración que o tribunal lles requira nas súas especialidades técnicas.

5.6. Para os efectos de asistencia dos compoñentes dos tribunais que actúen nestas probas, estes terán as categorías que correspondan segundo establece o Real decreto 236/1988, do 4 de marzo.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A actuación dos opositores farase por orde alfabética segundo a primeira letra do seu apelido, comezando pola que corresponda conforme o que dispón o sorteo que tivo lugar na Secretaría de Estado para a Administración pública.

6.2. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamada única e excluiranse da oposición os que non comparezan, non sendo en casos xustificados que estime o tribunal. Deberán acredita-la súa personalidade coa exhibición do DNI.

6.3. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración do segundo exercicio e seguintes faraa o tribunal no taboleiro de edictos da corporación.

6.4. Os exercicios das diferentes oposicións terán lugar, se é posible, durante o presente ano.

6.5. Entre o final dunha proba e o comezo da seguinte deberán transcorrer cando menos 48 horas e non máis de 20.

7. Cualificación dos exercicios.

7.1. Os sistemas de cualificación de cada proba siálanse nos anexos da presente convocatoria.

7.2. Soamente terán acceso ós exercicios voluntarios sinalados nos anexos os aspirantes que superasen tódolos exercicios obrigatorios eliminatorios.

7.3. As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada exercicio publicaranse o mesmo día no que se acorde no taboleiro de edictos da corporación.

7.4. A puntuación final e a orde de cualificación dos aspirantes aprobados virá dada pola suma das puntuacións obtidas no conxunto das probas.

7.5. O tribunal poderá acorda-la lectura pública dos exercicios que se fagan por escrito se o xulga oportuno e conversar cos aspirantes sobre o contido durante un tempo máximo de quince minutos.

7.6. Rematadas as probas o tribunal publicará a relación de aprobados pola orde de puntuación, que remitirá coa acta da última sesión á presidencia da corporación para que faga o nomeamento.

8. Nomeamento.

8.1. No prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte á publicación das listas de aspirantes aprobados, estes deberán presentar no rexistro xeral do concello os seguintes documentos:

a) Copia autenticada do DNI.

b) Título esixido para participar nas probas selectivas.

c) Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de ningunha Administración pública nin encontrarse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

d) Declaración xurada de non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade referida ó momento da toma de posesión.

e) Certificación acreditativa de non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento da súa función expedida pola xefatura local de Sanidade.

8.2. Os aspirantes que desexen acredita-la súa condición de minusvalidez deberán presentar un certificado expedido polos órganos competentes que a acredite e tamén xustificarán a compatibilidade co desenvolvemento dos traballos e funcións correspondentes á praza.

8.3. Os que tivesen a condición de funcionarios de carreira estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa probados para obte-lo seu anterior nomeamento, presentando neste caso certificación da Administración pública da que dependan que acredite esta condición.

8.4. Os que no prazo sinalado, e non sendo por causa de forza maior, non presentasen a documentación esixida non poderán ser nomeados, co que quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puideran incorrer por falsidade.

8.5. Cumpridos os mencionados requisitos, o presidente da Corporación fará o nomeamento dos aspirantes propostos, que deberán tomar posesión no prazo dun mes contando desde o día en que lles foi notificado o acordo.

9. Norma derradeira.

A presente convocatoria e tódolos actos administrativo que dela se deriven poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma dispostos pola Lei de procedemento administrativo.

Bases da convocatoria para a provisión da praza de asistente social

1. Sistema: concurso-oposición.

2. A praza está encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos medios, pertencente ó grupo B.

3. Os aspirantes precisan estar en posesión do título de asistente social.

4. Fase de concurso.

Primeiro. Serán valorados os seguitnes méritos:

a) Os servicios prestados en calidade de asistente social na Administración local na modalidade de contratado laboral.

Se os servicios foron para o Concello de Muros, a puntuación será de 0,15 puntos por cada mes. Os que foron prestados a calquera outra Administración local serán avaliados a razón de 0,10 puntos por cada mes.

A puntuación máxima que se pode outorgar por este apartado é de 14 puntos.

b) O currículo e a experiencia profesional dos aspirantes, a calidade do traballo desenvolvido e o nivel dos programas que dirixiron ou nos que participaron, serán valorables discrecionalmente polo tribunal ata un máximo de 6 puntos.

c) Os cursos de formación e perfeccionamento realizados que teñan relación coas funcións do posto de traballo serán valorables discrecionalmente polo tribunal ata un máximo de 2 puntos.

Segundo. Os méritos serán avaliados de conformidade coa documentación que aporten os aspirantes ó presenta-la solicitude de admisión ás probas.

Terceiro. As puntuación outorgadas ós aspirantes serán publicadas polo tribunal no taboleiro de edictos da corporación polo menos con 24 horas de antelación ó inicio da fase de oposición.

Cuarto. A puntuación obtida na fase de concurso non se poderá aplicar para supera-los exercicios da fase de oposición.

5. Fase de oposición.

Primeiro exercicio, consiste en desenvolver por escrito e no prazo máximo de dúas horas un tema relacionado co programa achegado a esta convocatoria aínda que non se ateña a un epígrafe concreto del. Será sinalado polo tribunal inmediatamente antes de inicia-lo exercicio. Nesta proba avalariase a formación xeral, a capacidade de expresión de ideas e de síntese expositiva e o volume e calidade dos coñecementos do aspirante.

Segundo exercicio, consiste na elaboración durante un período máximo de tres horas dun estudio e programa de intervención nun ou en varios eidos de actuación propios do departamento de servicios sociais para un municipio de características semellantes ás de Muros. Nesta proba avaliarase a correcta aplicación práctica dos coñecementos teóricos.

Terceiro exercicio, consiste na traducción directa para o galego, e sen axuda de diccionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal, no período máximo de media hora.

Os tres exercicios son obrigatorios e eliminatorios, os dous primeiros serán avaliados de 0 a 10 puntos e neles é preciso acadar unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalos. O terceiro exercicio será avaliado de 0 a 3 puntos e será preciso acadar unha puntuación mínima de 1,50 puntos para superalo.

6. Tribunal cualificador.

Presidente: o da corporación ou concelleiro no que delegue.

Secretario: o da corporación ou funcionario municipal no que delegue.

Vocais: dous expertos designados pola corporación entre funcionarios de carreira: un funcionario de carreira do Concello de Muros, designado pola corporación e un representante da Xunta de Galicia.

Programa

1. A Constitución: concepto e clases. O poder constituínte. A Constitución española: principios xerais. Estructura da Constitución. A reforma constitucional.

2. Dereitos e deberes dos ciudadáns. Evolución histórica e conceptual. Clasificación. Garantías e tutela.

3. O poder lexislativo: as Cortes xerais. Composición e funcións.

4. O goberno: relacións entre o goberno e o poder lexislativo.

5. O poder xudicial: concepto, funcións, organización e funcionamento. O Ministerio Fiscal.

6. A organización territorial do Estado. A Comunidade Autónoma de Galicia: o Estatuto de autonomía de Galicia.

7. A Xunta de Galicia e o seu presidente: organización e competencias. A administración pública da Comunidade Autónoma.

8. O Parlamento de Galicia. O Consello de Contas. O Valedor do Pobo.

9. A administración pública: principios constitucionais.

10. O sometemento da administración ó dereito. As fontes do dereito administrativo. A lei e o regulamento: concepto, elaboración e clases.

11. O acto administrativo: concepto, clases e elementos.

12. O procedemento administrativo: concepto, principios e fases.

13. Réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.

14. O municipio: concepto, elementos, organización e competencias.

15. As bases do réxime electoral local.

16. As competencias municipais.

17. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases, procedemento e aprobación.

18. Os funcionarios públicos locais: concepto e clases. Dereitos, deberes e incompatibilidades. Réxime disciplinario.

19. Os bens das entidades locais. Réxime de utilización dos bens de dominio público.

20. A contratación administrativa local. Clases e procedemento.

21. Réxime de sesións e acordos dos órganos das corporacións locais.

22. O orzamento municipal. As facendas locais. Clasificación de ingresos. Ordenanzas fiscais.

23. Réxime xurídico do gasto público local. A contabilidade pública local.

24. Retribucións do persoal ó servicio das corporacións locais. Elaboración de nóminas.

25. O sistema español de Seguridade Social. Principios xerais. Entidades xestoras e prestacións.

26. A Unión Europea. Ordenamento xurídico comunitario. As institucións da U.E.

27. A acción social. Concepto e evolución histórica. O estado do benestar e a súa crise. Modelos alternativos.

28. A política social na U.E. A Carta Social Europea. O Fondo Social Europeo. O Plan Europeo de Loita contra a Pobreza.

29. O marco legal dos servicios sociais. A Constitución española. O Estatuto de autonomía para Galicia.

30. O marco legal dos servicios sociais. A lei de bases de réxime local. A lei de servicios sociais de Galicia.

31. A lei galega de medidas básicas para a inserción social. Antecedentes e fundamentación. Estructura e contido. Normas de desenvolvemento.

32. O traballo social: fundamentos, principios e funcións. O suxeito, obxecto e contido do traballo social. Obxectivos e etapas. Niveis de intervención.

33. O proceso metodolóxico no traballo social. Correntes metodolóxicas. Planificación. Formulación de prioridades. Programación. Execución. Avaliación.

34. As técnicas do traballo social: instrumentais, de coñecemento, de intervención e de avaliación.

35. A investigación no traballo social. As necesidades sociais. Tipoloxía, identificación e medida. Obxectivación. Técnicas aplicables. O traballo social como tecnoloxía.

36. O traballador social como membro dun equipo interdisciplinar: fundamentación, funcións e principios básicos.

37. Deontoloxía e ética profesional. Os códigos de ética no traballo social en relación co usuario, coas institucións e con outros profesionais.

38. Os servicios sociais: concepto. Os servicios sociais e as administracións públicas: organizacióin e competencias. Sistema económico. Cooperación e coordinación.

39. Os servicios sociais de atención primaria. Principio, obxectivos, competencias, organización e equipamento. Prestacións básicas, equipos técnicos. O plan concertado.

40. Servicios sociais especializados: infancia e adolescencia. Normativa reguladora dos menores a nivel estatal e autonómico.

41. Servicios sociais especializados: infancia e adolescencia. Programas de actuación. Equipos do menor: composición, funcións e metodoloxía.

42. Servicios sociais especializados: infancia e adolescencia. Os malos tratos na infancia. Definición. Tipoloxía. Factores de risco. O proceso de intervención. Prevención, detección e tratamento social. Inadaptación social e conducta delictiva na adolescencia.

43. Servicios sociais especializados: infancia e adolescencia. Institucións para a infancia e a xuventude en Galicia. Problemática do menor institucionalizado.

44. Servicios sociais especializados: a familia. Definición do traballo social con familias e grupos. Enfoques e correntes actuais.

45. Servicios sociais especializados: a muller. Políticas sociais actuais no sector da muller. O papel do traballador social nos servicios sociais de atención á muller en situación de necesidade. A situación en Galicia: problemática, recursos, organizacióin administrativa.

46. Servicios sociais especializados: minusválidos psíquicos e sensoriais. A Lei de integración social do minusválido e as súas normas de desenvolvemento. Necesidades e recursos.

47. Servicios sociais especializados: minusválidos psíquicos e sensoriais. Centros e servicios especializados. Acollemento familiar e axuda a domicilio. O papel do traballador social na acción integradora dos niveis laboral, educativo, de lecer e tempo libre.

48. Servicios sociais especializados: a vellez. Aspectos sociais do envellecemento. Necesidades e recursos. Institucións abertas e pechadas.

49. Servicios sociais especializados: a vellez. Servicios de apoio. Axuda a domicilio. Acollemento familiar. Datos demográficos da poboación en Galicia. O traballo social na vellez.

50. Servicios sociais especializados: as drogodependencias. Concepto, tratamento e rehabilitación social.

51. Servicios sociais especializados: as drogodependencias. Conceptos e tipos. O alcoholismo.

52. Servicios sociais especializados: drogodependencias. Reinserción social, servicios e recursos. Plan autonómico de drogodependencias.

53. Servicios sociais especializados: as drogrodependencias. Programación municipal de loita contra o consumo de drogas.

54. Servicios sociais especializados: minorías étnicas. Características e necesidades sociais. Recursos.

55. Servicios sociais especializados: minorías étnicas. Aspectos demográficos, problemática específica e medidas de reinserción social.

56. Inmigración: problemática, marxinación e medidas de reinserción social. A mendicidade e o chabolismo: programas de intervención.

57. Fenómenos de marxinación nas áreas rurais. Tipos. Causas. Programas de actuación.

58. Orientación familiar: principios básicos do dereito de familia: matrimonio, filiación, tutela e profillamento. Educación sexual e planificación familiar.

59. As organizacións non gobernamentais: concepto, tipos. Sistemas de financiamento. Coordinación coas administracións públicas.

60. O asociacionismo e o voluntariado social. Concepto. Características e regulación. Sistemas de financiamento. Coordinación coas administracións públicas. Novas tendencias.

61. Animación sociocultural: concepto, características e programas.

Bases da convocatoria para a provisión dunha praza de administrativo

1. Sistema: promoción interna por concurso-oposición.

2. A praza está encadrada na escala de Administración xeral, subescala administrativa, pertencente ó grupo C.

3. Os aspirantes deben estar en posesión do título de bacharelato superior, formación profesional de segundo grao ou equivalente e te-la condición de funcionario pertencentes á subescala de auxiliares administrativos do Concello de Muros.

4. Fase de concurso.

Primeiro. Serán valorados os seguintes méritos:

a) Os servicios prestados en calidade de auxiliar administrativo do Concello de Muros nas modalidades de contratado laboral, administrativo, interino ou funcionario en propiedade. Por cada mes de servicios, 0,15 puntos. A puntuación máxima que se pode outorgar por este concepto é a de 12 puntos.

b) O currículo e a experiencia profesional dos aspirantes, a calidade do traballo desenvolvido e o nivel dos programas que dirixiu ou nos que participou serán valorables discrecionalmente polo tribunal ata un máximo de 5 puntos.

c) As titulacións, o currículo académico e os cursos de formación ou perfeccionamento realizados que teñan relación coas funcións do posto de traballo serán valorables discrecionalmente polo tribunal ata un máximo de 3 puntos.

Segundo. Os méritos serán avaliados de conformidade coa documentación que acheguen os aspirantes ó presentaren a solicitude de admisión ás probas.

Terceiro. As puntuacións outorgadas ós aspirantes serán publicadas polo tribunal no taboleiro de edictos da corporación cando menos con vintecatro horas de antelación ó inicio da fase de oposición.

5. Fase de oposición.

Primeiro exercicio, consistente en desenvolver por escrito no prazo máximo dunha hora un tema relacionado coas materias recollidas no programa achegado a esta convocatoria aínda que non se ateña a un epígrafe concreto del e que será determinado polo tribunal inmediatamente antes de realiza-lo exercicio. Nesta proba avaliarase a formación xeral do opositor, a capacidade de expresión de ideas e de síntese expositiva.

Segundo exercicio, consiste en resolver no tempo máximo dunha hora un suposto relacionado cos temas do programa achegado a esta convocatoria, que será sinalado polo tribunal. Nesta proba avaliarase a correcta aplicación práctica dos coñecementos teóricos.

Terceriro exercicio, consiste na traducción directa para o galego e sen axuda de diccionario dun texto en castelán elixido polo tribunal, no periodo máximo de media hora.

Os tres exercicios son obrigatorios e eliminatorios. Os dous primeiros serán avaliados de 0 a 10 puntos e neles é preciso acadar un mínimo de 5 puntos para aprobalos. O terceiro exercicio será avaliado de 0 a 4 puntos e será preciso acadar unha puntuación mínima de 2 puntos para superalo.

6. Tribunal cualificador.

Presidente: o da corporación ou concelleiro no que delegue.

Secretario: o da corporación ou funcionario no que delegue.

Vocais: dous expertos designados pola corporación entre funcionarios de carreira; o secretario da corporación como xefe do servicio e un representante da Xunta de Galicia.

Programa

Parte primeira. Dereito político e administrativo.

1. A Constitución española. Principios xerais.

2. Dereitos e liberdades públicas, deberes dos españois.

3. A coroa. O poder lexislativo.

4. O Goberno e a Administración do Estado. O poder xudicial.

5. A organización territorial do Estado. Estatuto de autonomía para Galicia. As institucións básicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

6. A Administración pública no ordenamento español. A Administración xeral do Estado. As adminis

tracións autonómicas e a Administración local. A Administración insititucional e corporativa.

7. Principios de actuación da Administración pública. O artigo 103 da Constitución española.

8. O acto administrativo. Concepto, elementos e clases.

9. O precedemento administrativo: principios xerais. Normas reguladoras. Fases. O silencio administrativo. Cómputo de prazos.

10. Os interesados no procedemento. Os dereitos dos cidadáns nas súas relacións coas administracións públicas.

11. Os recursos administrativos: concepto e clases.

12. As formas de actividade administrativa. O fomento. A policía. O servicio público.

Parte segunda. Administración local.

1. Réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.

2. A provincia no réxime local. Organización provincial e competencias.

3. O municipio. O termo municipal.

4. A poboación do municipio. O padrón municipal de habitantes.

5. A organización municipal.

6. As bases do réxime electoral local.

7. As competencias municipais.

8. Outras entidades locais: as mancomunidades, agrupacións e entidades locais menores.

9. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases, procedemento e aprobación.

10. Relacións entre entes territoriais: autonomía municipal e tutela.

11. A funcón pública local e a súa organización.

12. Os funcionarios públicos locais: concepto e clases. Dereitos, deberes e incompatibilidades. Réxime disciplinario.

13. Os bens das entidades locais. Réxime de utilización dos bens de dominio público.

14. A contratación administrativa local. Clases e procedemento.

15. A intervención administrativa local nas actividades privadas. Licencias: concepto, clases e procedemento de concesión.

16. Procedemento administrativo local. Rexistro de entrada e saída de documentos. Comunicacións e notificacións.

17. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria de sesións e orde do día.

18. Actas de sesións e certificacións de acordos.

19. Publicidade de actos e acordos.

20. Lexislación urbanística. Principios xerais. Competencia urbanística municipal. As licencias urbanísticas.

21. As facendas locais. Clasificación de ingresos. Ordenanzas fiscais.

22. Réxime xurídico do gasto público local.

23. Os orzamentos locais. Estructura, procedemento de aprobación e modificación. Efectos.

24. A contabilidade pública local.

25. Retribucións do persoal ó servicio das corporacións locais. Elaboración de nóminas.

Parte terceira. Informática.

1. Concepto de informática. Arquitectura de ordenadores. A unidade central de proceso. Definición de rexistro.

2. A periferia dun ordenador. Soportes da información. Equipos transcritores. Unidades de saída.

3. Estructura de almacenamento de datos. Tipos de ficheiros. Métodos de acceso. As bases de datos: características, obxectivos e tipos.

Bases da convocatoria para a provisión dunha praza de operador informático

1. Sistema: concurso-oposición.

2. A praza está encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos auxiliares, pertenecente ó grupo D.

3. Os aspirantes precisan estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

4. Fase de concurso.

Primeiro. Serán valorados os seguintes méritos:

a) Posuir unha titulación académica superior á esixida para tomar parte na convocatoria. Será valorable discrecionalmente polo tribunal ata un máximo de 7 puntos.

b) Os servicios prestados en calidade de operador informático na Administración local na modalidade de contrato laboral.

Se os servicios foron prestados no Concello de Muros, a puntuación será de 0,15 puntos por cada mes. Os que foron prestados a calquera outra Administración local serán avaliados a razón de 0,10 puntos por cada mes.

A puntuación máxima que se pode outorgar por este apartado é de 7 puntos.

c) O currículo e a experiencia profesional dos aspirantes, a calidade do traballo desevolvido e o nivel dos programas que dirixiron ou nos que participaron serán valorables discrecionalmente polo tribunal ata un máximo de 6 puntos.

d) Os cursos de formación e perfeccionamento realizados que teñan relación coas funcións do posto de

traballo serán valorables discrecionalmente polo tribunal ata un máximo de 2 puntos.

Segundo. Os méritos serán avaliados de conformidade coa documentación que acheguen os aspirantes ó presentaren a solicitude de admisión ás probas.

Terceiro. As puntuacións outorgadas ós aspirantes serán publicadas polo tribunal no taboleiro de edictos da corporación cando menos con 24 horas de antelación ó inicio da fase de oposición.

Cuarto. A puntuación obtida na fase de concurso non se poderá aplicar para supera-los exercicios da fase de oposición.

5. Fase de oposición.

Primeiro exercicio. Consiste en contestar brevemente nun período máximo de corenta e cinco minutos un cuestionarios de corenta preguntas relacionadas cos temas do programa achegado a esta convocatoria. Nesta proba valorarase a claridade conceptual e expositiva do aspirante.

Segundo exercicio, de carácter práctico, consiste en realizar operacións que acrediten o dominio na utilización de procedementos informáticos con emprego de programas Word Perfect 5.2 e Amipro.

Terceiro exercicio, consiste na traducción directa para o galego e sen axuda de diccionario dun texto en castelán elixido polo tribunal, no período máximo de media hora.

Os tres exercicios son obrigatorios e eliminatorios. Os dous primeiros serán avaliados de 0 a 10 puntos e neles é preciso acadar unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalos. O terceiro exercicio será avaliado de 0 a 4 puntos e será preciso acadar unha puntuación mínima de 2 puntos para superalo.

6. Tribunal cualificador.

Presidente: o da corporación ou concelleiro no que delegue.

Secretario: o da corporacion ou funcionario municipal no que delegue.

Vocais: dous expertos designados pola corporación entre funcionarios de carreira: un funcionario de carreira do Concello de Muros, designado pola corporación, e un representante da Xunta de Galicia.

Programa

1. Réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.

2. O municipio. O termo municipal. A poboación do municipio. O padrón municipal de habitantes.

3. A organización municipal. As bases do réxime electoral local.

4. A función pública local e a súa organización. Os funcionarios públicos locais: concepto e clases. Dereitos, deberes e incompatibilidades. Réxime disciplinario.

5. Procedemento administrativo local. Rexistro de entrada e saída de documentos. Comunicacións e notificacións.

6. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria de sesións e orde do día.

7. Actas de sesións e certificacións de acordos. Publicidade de actos e acordos.

8. Lexislación urbanística. Principios xerais. Competencia urbanística municipal. As licencias urbanísticas.

9. Os orzamentos locais. Estructura, procedemento de aprobación e modificación. Efectos. A contabilidade pública local.

10. Retribucións do persoal ó servicio das corporacións locais. Elaboración de nóminas.

11. Concepto de informática. Arquitectura de ordenadores. A unidad central de proceso. Definición de rexistro. A memoria central, a unidade aritmética e lóxica.

12. Evolución da estructura dos ordenadores. Xeracións. A periferia dun ordenador. Soportes da información. Equipos transcritores.

13. O loxical: tipos. Evolución histórica. O concepto de programa. As linguaxes de programación. O loxical funcional ou sistema operativo. Os paquetes de programas.

14. Modos de funcionamento do ordenador. Funcionamento por lotes. Funcionamento en tempo real. Multiprogramación. O tempo compartido. As técnicas conversacionais.

15. Estructuras de almacenamento de datos. Tipos de ficheiros. Métodos de acceso. As bases de datos.

16. A teleinformática. esquema xenérico da transmisión de datos a distancia. Características básicas dos elementos fundamentais. As redes públicas de transmisión da datos.

17. Desenvolvemento dunha aplicación informática. Análise funcional e orgánica. Documentación. Explotación dunha aplicación informática.

18. Centro de proceso de datos. Especialidades e funcións informáticas.

19. Funcións do centro de proceso de datos. A relación do centro de proceso de datos co resto da organización.

20. Automatización de oficinas. Sistemas físicos máis utilizados. Os ordenadores persoais. Loxicais específicos para a automatización de oficinas. Repercusións organizativas.

Bases da convocatoria para a provisión dunha praza de oficial operador de retroescavadora da brigada de operarios

1. Sistema: concurso-oposición.

2. A praza está encadrada no cadro de persoal do concello, como persoal laboral fixo.

3. Os aspirantes precisan estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente.

4. Fase de concurso.

Primeiro. Serán valorados os seguintes méritos:

a) Experiencia en calidade de operador de retroescavadora, como empresario autónomo ou contratado laboral.

Este mérito valorarase a razón de 0,10 puntos por mes de servicios prestado ata un máximo de 14 puntos.

b) O currículo e a experiencia profesional dos aspirantes e a calidade do traballo desenvolvido, serán valorables discrecionalmente polo tribunal ata un máximo de 6 puntos.

Segundo. Os méritos serán avaliados de conformidade coa documentación que aporten os aspirantes ó presenta-la solicitude de admisión ás probas.

Terceiro. As puntuacións outorgadas ós aspirantes serán publicadas polo tribunal no taboleiro de edictos da corporación cando menos con 24 horas de antelación ó inicio da fase de oposición.

Cuarto. A puntuación obtida na fase de concurso non se poderá aplicar para supera-los exercicios da fase de oposición.

5. Fase de oposición.

Primeiro exercicio, consiste en contestar brevemente nun período máximo de corenta e cinco minutos un cuestionario de corenta preguntas sobre temas relacionados no programa achegado e coñecemento do territorio municipal de Muros e dos seus servicios públicos.

Segundo exercicio, de carácter práctico, consistente en realizar operacións que acrediten o dominio dunha retroescavadora na realización de obras públicas.

Os dous exercicios son obrigatorios e eliminatorios e serán avaliados de 0 a 10 puntos e neles é preciso acadar unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalos.

Temario

1. A organización do concello: o alcalde, a Comisión de Goberno e o Pleno da Corporación.

2. O persoal ó servicio do concello: estrutura, funcións e nomeamento.

3. Dereitos e deberes do persoal ó servicio da Administración pública.

4. Os servicios públicos locais: enumeración, organización e formas de prestación.

5. O municipio de Muros: territorio, organización e servicios.

6. A retroescavadora: partes integrantes e funcións.

7. Labores de mantemento e conservación da retroescavadora.

8. Labores de reparación de avarías máis frecuentes da retroescavadora.

9. A brigada municipal de operarios: organización e funcións.

10. Catálogo de ferramenta da brigada de operarios: enumeración, clasificación e funcións.

Bases da convocatoria para a provisión de dúas prazas de operarios/conserxes

1. Sistema: concurso-oposición.

2. As prazas están encadradas no cadro de persoal do concello, como persoal laboral fixo.

3. Os aspirantes precisan estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente.

4. Fase de concurso.

Primeiro. Serán valorados os seguintes méritos:

a) Os servicios pretados en calidade de conserxes/operarios na Administración local na modalidade de contratado laboral.

Se os servicios foron prestados ó Concello de Muros a puntuación será de 0,25 puntos por cada mes; os que foron prestados a calquera outra Administración local 0,15 puntos. A puntuación máxima que se pode outorgar por este apartado é de 12 puntos.

b) O currículo e a experiencia profesional dos aspirantes e a calidade do traballo desenvolvido serán valorables discrecionalmente polo tribunal ata un máximo de 6 puntos.

Segundo. os méritos serán avaliados de conformidade coa documentación que acheguen os aspirantes ó presentaren a solicitude de admisión ás probas.

Terceiro. As puntuacións outorgadas ós aspirantes serán publicadas polo tribunal no taboleiro de edictos da corporación polo menos con 24 horas de antelación ó inicio da fase de oposición.

Cuarto. A puntuación obtida na fase de concurso non se poderá aplicar para supera-los exercicios da fase de oposición.

5. Fase de oposición.

Primeiro exercicio, consiste en contestar brevemente nun período máximo de corenta e cinco minutos un cuestionario de corenta preguntas sobre temas relacionados no programa achegado e coñecemento do territorio municipal de Muros e dos seus servicios públicos.

Segundo exercicio, de carácter práctico, consistente en realizar algunha ou algunhas tarefas propias do seu posto de traballo.

Os dous exercicios son obrigatorios e eliminatorios e serán avaliados de 0 a 10 puntos e neles é preciso acadar unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalos.

Temario

1. A organización do concello: o alcalde, a Comisión de Goberno e o Pleno da Corporación.

2. O persoal ó servicio do concello: estructura, funcións e nomeamento.

3. Dereitos e deberes do persoal ó servicio da Administración pública.

4. Os servicios públicos locais: enumeración, organización e formas de prestación.

5. O municipio de Muros: territorio, organización e servicios.

6. A brigada municipal de operarios: organización e funcións.

7. Organización de actividades do pavillón polideportivo.

8. Organización de actividades da Casa de Cultura.

9. Catálogo de ferramentas da brigada de operarios: enumeración, clasificación e funcións.

10. Catálogo de materiais de equipamento deportivo e cultural: enumeración, clasificación e funcións.

Muros, 30 de xullo de 1996.

Celestino Formoso Vidal

Alcalde

6401