Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 03 de setembro de 1996 Páx. 8.168

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (418/1993).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fago saber: que neste xulgado se seguen actuacións de xuízo de faltas co núm. 418/1993, por lesións en agresión, nos que, con data 27-2-1995, dictou a Audiencia Provincial da Coruña sentencia en grao de apelación, cun encabezamento e decisión que son do teor literal seguinte:

«O presidente José Manuel Mariño Cotelo, como tribunal unipersoal da sección quinta da Audiencia Provincial da Coruña, pronunciou, no nome de El-Rei, a seguinte sentencia.

No recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada polo Xulgado de Instrucción número cuatro de Santiago de Compostela, no xuízo de faltas nº 418/1993, seguido por lesións en agresión, figurando como apelantes Francisco Javier Saa Rojo e Jesús Saa Rojo, e como apelado, Ramón Frades García, e polo Ministerio Fiscal, decido:

Desestimando os recursos interpostos contra a sentencia da instancia, confirmo a dita resolución, declarando de oficio as custas desta alzada.

A presente sentencia é firme e contra ela non cabe recurso ordinario ningún.

E expídase ó xulgado expresado certificación desta resolución, con devolución das dilixencias que remitiu, para a súa execución.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo, na Coruña o vintesete de febreiro de mil novecentos noventa e cinco».

E para que lle sirva de notificación da sentencia recaída en grao de apelación a Ramón Frades García, que se atopa en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto en Santiago de Compostela o dezanove de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

9605094