Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 03 de setembro de 1996 Páx. 8.168

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

REQUIRIMENTO (373/1995).

En Santiago de Compostela o vinteseis de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número

tres de Santiago de Compostela, requiro para que no prazo de dez días compareza ante este xulgado, sito na rúa Viena, nº 1, As Fontiñas, ó penado Fernando Pintos Martínez, co fin de que cumpra a pena de cinco días de arresto domiciliario, así como a que faga efectiva a suma de 5.000 ptas. en concepto de responsabilidade civil a favor do prexudicado Hipermercado Jumbo.

Para que sirva de requirimento ó penado Fernando Pintos Martín, en paradoiro descoñecido, expido e asino este requirimento en Santiago de Compostela o 26 de xuño de 1996.

Rubricado

96-5067