Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 03 de setembro de 1996 Páx. 8.169

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (123/1996).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela tramítanse, co nº 123/1996, autos de xuízo executivo, por instancia de Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, representada polo procurador García-Piccoli Atanes, contra M. Alcalde, S.L. e Manuel Alcalde Gontán, actualmente en domicilio descoñecido para a parte demandante. E, por medio da presente cédula, cítanse de remate os ditos demandados, co fin de que dentro do termo de nove días comparezan nos autos e se opoñan á execución, se lles conviñese, e fágolles saber que se realizou embargo sobre bens da súa propiedade, sinalados pola parte demandante, sen o previo requirimento de pagamento, por ignorarse os seus paradoiros.

Dada en Santiago de Compostela o vintesete de xuño de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

9606303