Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 03 de setembro de 1996 Páx. 8.167

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (409/1995).

En virtude do acordado en resolución dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, coñecendo nos autos de xuízo declarativo de menor contía que se segue neste xulgado baixo o número 409/1995, por instancia de José Bernardo Martelo Villaverde, representado polo procurador Chenlo Méndez, sobre nulidade de documentos e outros asuntos; por medio da presente cédula emprázase os herdeiros descoñecidos e incertos de José Antonio Quintana Sierra e de José Manuel Martelo Villaverde para que, no improrrogable termo de dez días, compareza nos autos, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e de recaeren sobre el os demais prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que sirva de emprazamento en forma ó devandito demandado, herdeiros descoñecidos e incertos de José Antonio Quintana Sierra e de José Manuel Martelo Villaverde, ós que se lles fai saber que as copias de demanda e documentos se atopan ó seu dispor na secretaría deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela a 28 de febreiro de 1996.

Gonzalo Xurxo Cabaleiro de Sáa

Secretario xudicial

4863