Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 03 de setembro de 1996 Páx. 8.166

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (75/1996-04).

Neste xulgado séguense autos de xuízo de xustiza gratuíta 75/1996, por instancia de María López Santos, representada polo procurador Merelles Pérez, nos que recaeu a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

Sentencia. Santiago de Compostela, 29 de maio de 1996. Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos incidentais, substanciados perante este xulgado polos trámites do xuízo verbal co nº 75/1996, por dependencia do proceso de familia nº 3/1996 entre partes, dunha, como demandante, María López Santos, maior de idade, veciña de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra), representada en autos polo procurador Merelles Pérez, asistida do letrado Ruiz Permuy, e doutra, como demandado, Adolfo Agra Brea, con domicilio descoñecido, incomparecido en autos, coa intervención do letrado da Xunta de Galicia, sobre beneficios de xustiza gratuíta.

Decido que debo declarar e declaro o dereito a xustiza gratuíta de María López Santos, co obxecto de promover demanda de separación contra Adolfo Agra Brea, sen prexuízo do disposto nos artigos 28, 45 e 48 LAC, declarando as custas de oficio.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, e fágaselles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. A anterior sentencia foi publicada no día da súa data.

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado Adolfo Agra Brea, incomparecido en autos, con domicilio descoñecido, expido o presente

edicto, que asino e selo en Santiago de Compostela o sete de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

9605096