Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 03 de setembro de 1996 Páx. 8.166

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (21/1996-J).

Eu, Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu partido, dou fe de que nas dilixencias de xuízo de faltas número 21/1996, sobre ameazas, se dictou sentencia cunha decisión que é como segue:

«Que debo absolver e absolvo a José Luis Hermida Redondo, dos feitos axuizados nas presentes actuacións, declarando de oficio as custas procesuais ocasionadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, con indicación de que non é firme e de que poden interpor recurso de apelación no prazo de cinco días,

contados desde o seguinte ó da súa notificaicón, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Este recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da LAC.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación ó denunciado Holgerr Frick, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Noia, o vinteseis de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

5230