Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Familia, Muller e Xuventude, mediante Orde do 18 de xullo de 1996 (DOG nº 149, do 31 de xullo), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería,
RESOLVE:
Primeiro.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde desta consellería do 18 de xullo de 1996.
Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Se na data na que debe cesar no seu destino, o funcionario está desfrutando un período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.
A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG nº 58, do 25 de marzo).
Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto.-Contra esta orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicándolle previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 26 de agosto de 1996.
Manuela López Besteiro
Conselleira de Familia, Muller e Xuventude
ANEXO
DNI: 32.403.670
Grupo: A
Apelidos e nome: González Valeiro, Braulio.
Código do posto: FA.C99.10.000.15001.110
Posto de traballo: Servicio de Xuventude.
Nivel: 28
Localidade: A Coruña.
Dependencia: Delegación Provincial.
96-5068