Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 03 de setembro de 1996 Páx. 8.167

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (251/1994).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, fago saber: que neste xulgado se seguen autos de procedemento xuízo executivo baixo o nº 251/1994, por instancia de Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra Ramón Suárez Suárez, José Suárez Pérez e Dolores Suárez Torres, nas que se acordou sacar a pública poxa, polo termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o vindeiro día 3 de outubro, ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 11.513.500 ptas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro

día 30 de outubro, ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día 3 de decembro, ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán posturas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas, tódolos licitadores, agás o acredor demandante, deberán consignar previamente o 20% para seren admitidos a licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, e deberán facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0251/94, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

Sétima.-Poderán facerse ofertas en prego pechado.

Oitava.-En caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana na que se sinalase a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, salvo a que lle corresponda ó mellor ofertante, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.-De o pedi-lo acredor, ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros ofertantes e sempre pola orde destas.

Décimo primeira.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notififcaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa.

1. Parcela número 373 da zona de concentración parcelaria de Santa María de Lamas e Santa Eulalia

de Vigo, concello de Boqueixón, labradío, sito no lugar de Casal, de 8 áreas e 40 centiáreas.

2. Lugar Camiños Vellos, polígono 503, parcela 010008, cultivo e mato, superficie de 50 áreas e 8 centiáreas.

3. Lugar Mellora, polígono 503, parcela 01040, cultivo labradío secano, superficie 32 áreas.

4. Lugar Chousa do Crego, polígono 503, parcela 01048, cultivo labradío secano. Superficie 16 áreas e 11 centiáreas.

5. Lugar Zanca de arriba, polígono 503, parcela 02069, cultivo piñeiral para madeira, superficie 29 áreas e 40 centiáreas.

Valoración:

1.- 9.520.000 pesetas.

2.- 762.000 pesetas.

3.- 480.000 pesetas.

4.- 256.500 pesetas.

5.- 495.000 pesetas.

11.513.500 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela o doce de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

5128