Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 02 de setembro de 1996 Páx. 8.182

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do estudio de detalle na U.A. Breadouro.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello en sesión do día 3 de xuño de 1996, o estudio de detalle da U.A. 4 Breadouro (expediente número 3578/411), exponse ó público polo prazo de quince días hábiles mediante inserción de anuncio no DOG, BOP, prensa e taboleiro da casa do concello, con notificacións individuais ós propietarios do ámbito.

O devandito acordo sinala como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición a abranguida polo ámbito do estudio de detalle de referencia.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do prazo indicado, contado desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

A documentación atópase na oficina municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 21 de xuño de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

5519