Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 02 de setembro de 1996 Páx. 8.182

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do estudio de detalle na U.A. Chantada, en Castrelos.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data do 3 de xuño de 1996, o estudio de detalle na U.A. Chantada, en Castrelos (3765/411), formulado por Camilo Fernández Pérez e redactado polos arquitectos Davila Alonso, Jiménez López, Meijide Rico, Cordeiro Rodríguez e Lago Davila, con visado do COAG das datas 19 de setembro, 11 de outubro e 7 de novembro de 1995, sométese a información pública polo prazo de quince días, mediante a inserción de anuncios no DOG, BOP, nun dos xornais de maior circulación da provincia e mais no taboleiro de edictos da casa do concello, con notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

Condiciónase a aprobación definitiva do expediente á presentación do correspondente proxecto de urbanización, no que se establecerá un prazo de execución da vía principal dun ano, e do proxecto de bases e estatutos para a constitución da xunta de compensación.

Sinálase como área afectada pola suspensión de licencias de parcilación, edificación e demolición a abranguida polo seu ámbito.

O que se fai público para xeral coñecemento, coa indicación de que a documentación está ó dispor dos interesados na oficina municipal de información (planta baixa da casa do concello) para exame e alegacións.

Vigo, 24 de xuño de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273