Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 02 de setembro de 1996 Páx. 8.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial proxecto de urbanización da UE I-07 Rosalía de Castro 3.

O Pleno do Concello en sesión do día 5-7-1996 acordou o seguinte:

1º Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do espacio libre existente no ámbito da UE I-07 Rosalía de Castro 3, redactado polos arquitectos J.A., A e J.M. Franco Taboada, con visados do COAG do 8-9-1995 e 27-11-1995, segundo o convenio subscrito para o efecto aprobado polo Pleno deste Concello o 3-5-1995 (expediente número 3942/401).

2º Somete-lo expediente á información pulica polo prazo de quince días, mediante a inserción de anuncios no DOG, BOP, un dos xornais de maior cir

culación da provincia e no taboleiro oficial de edictos da Casa do Concello, con notificación ós propietarios do ámbito.

3º Declarar que, de non se formularen alegacións ó acordo de aprobación inicial, o proxecto considerarase aprobado definitivamente sen necesidade de novo acordo municipal ó respecto. Neste caso, e de acordo co artigo 31.3º da LASGA, daríase traslado do acordo, no prazo de seis días, ó órgano competente da Xunta de Galicia e publicaríase no BOP.

4º Coa aprobación definitiva do proxecto de urbanización, os promotores, en cumprimento do estipulado no convenio do que se fixo mención na alínea 1ª deste acordo, deberán constituír un aval polo 100% do importe das obras de urbanización.

O que se fai público en cumprimento do punto 2º do acordo plenario, e signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días contados desde o derradeiro anuncio.

A documentación atópase na oficina municipal de información (baixo do Concello).

Vigo, 29 de xullo de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

9605565