Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 02 de setembro de 1996 Páx. 8.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 1996, da delegacion provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación de asistencias técnicas número 4/1996, mediante o sistema de concurso, procedemento aberto.

A Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense resolve convoca-la seguinte licitación de asistencias técnicas polo sistema de concurso, procedemento aberto:

1. Obxecto: contratación de asistencia técnica para a redacción dos proxectos ou execución dos traballos que figuran na relación, de acordo coas bases e os pregos aprobados para iso.

O orzamento, prazo de execución e clasificación dos contratistas serán os que se sinalan na relación.

2. Fianza provisional: exenta.

3. Exposición de documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, como tamén o correspondente proxecto de cada un dos servicios técnicos que se relacionan, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións de 9 horas a 14 horas no Servicio de Contratación da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, rúa do Progreso 161, entreplanta.

4. Prazo de presentacion de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio e rematará ás 12 horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación, que non cadre a sábado.

5. Lugar de presentación de proposicións: no rexistro da delegación provincial, no lugar antes citado e na forma legalmente establecida (artigo 100 RXC).

6. Documentación que deberán presenta-los licitadores: a que se sinala nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

7. Apertura de proposicións: ás 10 horas do décimo primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, que non cadre a sábado.

8. Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do proxecto de concentración parcelaria na zona de Albarellos-Vilaza (concello de Monterrei - Ourense).

PR-2213 ES/OUR-96.43

Orzamento: 16.927.432 pesetas.

Prazo de execución: dezaoito (18) meses.

Clasificación: grupo: I, subgrupo: 4, categoria: A

Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do proxecto de concentración parcelaria da zona de Sobreganade (Porqueira - Ourense).

PR-2218 ES/OUR-96.44

Orzamento: 11.528.005 pesetas.

Prazo de execución: dezaoito (18) meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 4, categoria A

Ourense, 19 de agosto de 1996.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

96-6365