Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 02 de setembro de 1996 Páx. 8.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se acorda darlle publicidade ó acordo do 19-6-1996, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de áridos da canteira denominada Jaime.

Visto o Art. 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188 do 25), de avaliación do impacto ambiental para Galicia, o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra,

RESOLVE:

Darlle publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 19-6-1996, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de áridos da canteira denominada Jaime sita en Lamela, Codeseiras, lugar de Losón, termo municipal de Vila de Cruces, provincia de Pontevedra, promovido por Áridos do Deza, S.L.

A mencionada declaración foi incorporada ó expediente da canteira Jaime, encontrándose a disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 2 de agosto de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

96-6372