Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 02 de setembro de 1996 Páx. 8.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1996 pola que se convoca concurso público para a contratación do servicio de limpeza para o Centro Residencial Docente e o I.E.S.P. de Ourense, dependente desta consellería (expediente 2796).

Esta consellería resolveu convocar concurso público nº 2796 para a contratación do servicio de limpeza para o Centro Residencial Docente e ó I.E.S.P. de Ourense, dependente dela.

1. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación, na forma en que sinala a cláusula 9-10 do prego de cláusulas administrativas particulares, específico deste concurso.

2. Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da consellería, edificio de San Caetano, Santiago de Compostela, e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos dirixirse ó teléfono (981) 59 07 11, Santiago de Compostela.

3. Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente disposición no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado e rematará o 26 de setembro ás 14 horas.

4. Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na forma legalmente establecida.

5. Documentación que deberán presenta-los licitadores: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Apertura de proposicións económicas: realizarase o venres 27 de setembro a partir das 10 horas.

7. Prazo de execución: 1 ano.

8. Gastos de publicación: por conta do adxudicatario.

9. Orzamento de licitación: 45.092.737 ptas.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 1996.

Celso Currás Fernández

Cconselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

6247