Esta consellería resolveu convocar concurso público nº 2696 para a contratación do servicio de limpeza para o Centro Residencial Docente e ó I.E.S.P. de Vigo, dependente dela.
1. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación, na forma en que sinala a cláusula 9-10 do prego de cláusulas administrativas particulares, específico deste concurso.
2. Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da consellería, edificio de San Caetano, Santiago de Com
postela, e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos dirixirse ó teléfono (981) 59 07 11, r/ Nova, nº 19-21, Santiago de Compostela.
3. Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente disposición no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado e rematará o 26 de setembro ás 14 horas.
4. Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na forma legalmente establecida.
5. Documentación que deberán presenta-los licitadores: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.
6. Apertura de proposicións económicas: realizarase o venres 27 de setembro a partir das 10 horas.
7. Prazo de execución: 2 anos.
8. Gastos de publicación: por conta do adxudicatario.
9. Orzamento de licitación: 103.852.628 ptas.
Santiago de Compostela, 2 de agosto de 1996.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
6331