Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 02 de setembro de 1996 Páx. 8.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fan públicas as adxudicacións dos contratos de obras que se citan (RC-PO-96.10 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 94.2º da Lei de contratos das administracións públicas, esta delegación provincial resolve publica-las adxudicacións dos seguintes contratos:

-Clave: RC-PO-96.10.

Título da obra: acondicionamento da calzada na PO-234, p.k. 0,000 ó p.k. 5,376 e p.k. 6,423 ó p.k. 6,850. Ponte-Caldelas-Aguasantas.

Empresa adxudicataria: José Malvar Construcciones, S.A.

Importe da adxudicación: 23.930.761 pesetas.

-Clave: RC-PO-96.4.

Título da obra: mellora da seguridade vial na estrada C-550. Treito: Ponte da Ramallosa-Sabarís. Baiona.

Empresa adxudicataria: Covsa.

Importe da adxudicación: 13.280.000 pesetas.

-Clave: RC-PO-96.5.

Título da obra: dotación de pavimento na nova estrada Peinador-Tameiga. 1ª fase. Concello de Mos.

Empresa adxudicataria: Covsa.

Importe da adxudicación: 17.722.000 pesetas.

-Clave: RC-PO-96.13.

Título da obra: reforzo de firme na PO-261 Mondariz-O Covelo, p.k. 5,000 ó p.k. 11,950. Concellos de Mondariz e O Covelo.

Empresa adxudicataria: Acoval, S.A.

Importe da adxudicación: 29.689.561 pesetas.

-Clave: RC-PO-95.7.

Título da obra: construcción dun parque de maquinaria e almacén para o concello de Tomiño.

Empresa adxudicataria: Proyectos y Construcciones, S.L.

Importe da adxudicación: 8.261.507 pesetas.

-Clave: RC-PO-96.14.

Título da obra: alargamento dunha ponte na PO-261. Concello do Covelo.

Empresa adxudicataria: Extraco, S.A.

Importe da adxudicación: 9.984.000 pesetas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Pontevedra, 7 de agosto de 1996.

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra

6332