Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 02 de setembro de 1996 Páx. 8.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Concello da Coruña ten previsto implantar de forma obrigatoria un sistema de control permanente nos locais con actividades de ocio nocturno (pubs, cafés-cantantes, discotecas, etc.) e que sexan denunciados por molestias ós veciños.

Condicións que deberán cumpli-los aparellos de control.

O dispositivo de control ou caixa negra deberá te-las seguintes prestacións:

-Rexistrar e almacenar-lo período de funcionamento ruidoso da actividade en cuestión, rexistrando data e hora de inicio e data e hora de terminación cos seus correspondentes niveis de presión sonora de emisión de ruídos na sala ou local, expresadas en DB(A) dando os parámetros significativos de:

-Leq. 60 seg. mínimo da sesión.

-Leq. 60 seg. máximos da sesión.

-Valor medio dos Leq. 60 seg. medidos en todo o tempo en que dure a sesión.

-Rexistrar e almacena-los períodos de funcionamento das fontes sonoras, ou sexa, o seu equipo musical, co obxecto de controla-la súa correcta actuación.

-Dispoñer dun sistema que lles permita ós servicios técnicos municipais rescata-la información almacenada e trasladala ós sistemas informáticos do Servicio de Inspección para a súa posterior análise e avaliación, permitindo a impresión dos mesmos.

-Así mesmo, deberá dispoñer dun dispositivo de protección sobre posibles manipulacións da caixa negra, realizándose esta mediante chaves electrónicas ou claves de acceso.

Para as actividades que dispoñan de equipos musicais ou de megafonía, ademais do sonógrafo (caixa negra), deberán incorporar un equipo limitador que manteña a emisión do equipo musical dentro dos niveis fixados pola ordenanza para o tipo de actividade que corresponde á sua licencia de apertura.

As firmas comerciais que se presenten ó concurso de homologación dos sonógrafos, para a súa posterior implantación nos locais de ocio nocturno do termo municipal da Coruña, deberá subministrarlle ó Concello a terminal portátil para a lectura de datos da memoria do sonógrafo, así como o programa ou programas de inspección e as súas correspondentes claves.

Os interesados poden remitirlle a documentación, no prazo de 1 mes, á Unidade de Aperturas, praza de Mª Pita nº 1, ou ben a través do teléfono de contacto da Unidade de Aperturas (18 42 38).

A Coruña, 23 de agosto de 1996.

O secretario

Rubricado

6239