Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 30 de agosto de 1996 Páx. 8.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/122-2-4599 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. para Pouso Burela e panadería Os Ancares.

Situación: Burela.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 e unha lonxitude de 25 metros. Centro de transformación de 160 kVA 20.000/398-230 V±2,5%±5%, sobre torre metálica, para dar servicio eléctrico a naves industriais de Pouso Burela e panadería Os Ancares en Burela.

Orzamento: 1.391.510 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 22 de xullo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

6132