Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 30 de agosto de 1996 Páx. 8.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/123-2-4600 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T. Subt. e C.T. edificio Vila-Miño, Avda. Carlos Azcarraga.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: liña subterránea de media tensión a 20 kV, con conductor D.H.V. 12/20 de 1x150 mm Al, cunha lonxitude de 280 metros. Centro de transformación de 630 kVA 20.000/380-220 V, para dar servicio eléctrico ó edificio Vila-Miño, na Avda. Carlos Azcarraga en Lugo.

Orzamento: 4.250.000 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 23 de xullo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

6126