Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 30 de agosto de 1996 Páx. 8.124

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (203/1995).

Alicia Mansilla Pérez, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado e co número 203/1995 se tramitan autos de xuízo de cognición, seguidos por instancia de Banco Central Hispanoamericano, representado polo procurador García Atanes, contra Lidia Brey Couto, sobre reclamación de 285.115 ptas. de principal, nos autos do cal se acordou o embargo sobre bens de Lidia Brey Couto, en cantidade suficiente para cubri-lo importe de 258.115 ptas. de principal e a de 200.000 ptas. máis que se calculan para xuros e custas, e en especial sobre:

-Os dereitos de propiedade ou traspaso que teña no local sito en Rosalía de Castro 47, entresollado, de Santiago de Compostela.

-Saldos bancarios ó seu favor no Banco de Galicia, Banco Bilbao e Banco Pastor.

-Vehículo matrícula C-0796-AX.

-Cantidades que debe á demandada Ferlan (Vigo-Pontevedra) a 27 de maio de 1996.

E para que sirva de notificación á demandada, en paradoiro descoñecido, expídese e asínase este edicto.

Dado en Santiago de Compostela o vinteseis de xuño de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

6241