Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 30 de agosto de 1996 Páx. 8.124

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (349/1994).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que no xuízo de divorcio tramitado neste xulgado co número 349/1994, se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o 17 de xuño de 1996, Ángel Pantín Reigada, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de divorcio seguido neste xulgado co número 349/1994, no que actuaron, como demandante, María Esther Sesar Segade, maior de idade e veciña de Santiago de Compostela, representada polo procurador dos tribunais Ricardo García Piccoli Atanes, e asistida polo letrado Manuel Martín Gómez, sendo demandado Juan Carlos Codesido Míguez, maior de idade, en ignorado paradoiro e declarado en rebeldía.

Decido que, estimando a demanda presentada, debo decretar e decreto a disolución por divorcio do matrimonio formado por María Esther Sesar Segade e Juan Carlos Codesido Míguez, sen facer imposición das custas do procedemento. Unha vez firme esta resolución, expídanse os despachos oportunos para practica-la inscrición marxinal daquela no Rexistro Civil. Contra esta resolución poderase interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado no prazo de cinco días desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, xulgado definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, dou fe».

E para que así conste e lle sirva de notificación ó demandado Juan Carlos Codesido Míguez, en para

doiro descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintesete de xuño de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

5093