Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 30 de agosto de 1996 Páx. 8.123

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (386/1995).

En virtude do acordado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número

386/1995, que se seguen neste xulgado por agresión, por medio da presente cédula, cítase a Jorge Ramón Escudero, en calidade de denunciado, e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día 11 de setembro de 1996, ás 10.30 horas, compareza na sala de audiencias número tres, correspondente a este xulgado, sita na primeira planta do edificio de xulgados, r/ Viena, número 1, polígono das Fontiñas de Santiago de Compostela, facéndolle saber que pode acudir acompañado de avogado, e advertíndoo de que facerá facelo cos medios de proba dos que intente valerse, e que, se non o verifica, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1996.

O secretario

Rubricado

96-5041