Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 30 de agosto de 1996 Páx. 8.123

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (220/1994).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe:

Que neste xulgado se segue expediente nº 220/1994, por instancia da procuradora Sánchez Silva, en nome e representación de Regina López Rey, sobre declaración de falecemento do irmán da solicitante, Augusto López Rey, nacido en Santiago de Compostela o día 8 de maio de 1923, que se incorporou o mes de xuño de 1942 á División Española de voluntarios, División Azul, sendo o seu último domicilio na r/ San Lorenzo nº 29 de Santiago de Compostela, ignorándose o seu actual paradoiro.

O que se publica para efectos do disposto no artigo 2.042 da LAC, co obxecto de dar a coñece-la existencia do expediente e poidan formularse, se é o caso, alegacións.

En Santiago de Compostela o 21 de xuño de 1996.

O secretario

Rubricado

5814