Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 30 de agosto de 1996 Páx. 8.123

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (372/1993).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela,

Certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís figura a dictada nos autos de xuízo de menor contía número 372/1993, que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o dous de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Salvador Sanz Crego, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, vin os presentes autos de xuízo de menor contía 372/1993, por instancia de Olfine, S.A., antes Olivetti Fin Factoring Española, S.A., con domicilio social na rúa Raimundo Fernández Villaverde 65-14. Ed. Windsor 28003-Madrid, coa asistencia técnica do letrado Aznar Vila, representado pola procuradora Álvarez Candeira, contra a entidade Computer System Software, S.A., con domicilio social en Santiago de Compostela, rúa Laverde Ruiz, número 2-B, en situación procesual de rebeldía.

Decido que, estimando a demanda interposta pola representación de Olfine, S.A., antes Olivetti Finfactoring Española, S.A., contra Computer Systems Software, S.A., debo condenar e condeno a mencionada demandada a pagarlle á demandante a cantidade de 2.148.938 ptas., máis as sumas indicadas no apartado sétimo do fundamento de dereito sexto daquela, na contía que se fixará no trámite de execución, con imposición das custas causadas.

Notifíqueselle esta sentencia á demandada rebelde na forma establecida nos artigos 769 en relación co 282 e 283 da Lei de axuizamento civil, de non poder levarse a cabo a notificación persoal.

Contra esta resolución cabe interpor neste xulgado recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia inserida foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe, e para que conste e sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, Oliol, S.A., expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o seis de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado

5007