Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 30 de agosto de 1996 Páx. 8.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a tramitación do expediente de resolución do contrato administrativo da obra OH-LU-91.10.

Por non ser posible practicar no domicilio do destinatario a notificación que se relaciona no anexo,

procédese á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra dito acto, que non esgota a vía administrativa, cabe interpoñer escrito de alegacións, presentando ou propoñendo as probas que se xulguen oportunas no prazo de 10 días contados a partir da publicación da presente publicación.

O que se fai público para xeral coñecemento.

ANEXO

Obra: abastecemento de auga á parroquia da Devesa. 2ª fase. Ribadeo.

Clave: OH-LU-91.10.

Contratista: Coherpu, S.A. Representante: Encarnación Vilar Roibas con domicilio na r/ Alexandre Bóveda, 16. Lugo.

Causa de resolución: incumprimento do artigo 52.8º da LCE e do 157.8º da RXCE, en concordancia co artigo 45, parágrafo 1º LCE, segundo redacción dada pola Lei 33/1987 do 23 de decembro.

Lugo, 5 de agosto de 1996.

José A. Cobreros Aranguren

Delegado provincial de Lugo

6103