Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 29 de agosto de 1996 Páx. 8.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4605 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: José Matanza García. Casares-Carballedo. Lugo.

Finalidade: instalación dun sistema de coxeración no serradoiro de madeira.

Características: anteproxecto da central coxeración, motor de 1.150 kW de potencia; combustible: gasóleo. Xerador de potencia de 1.440 kVA.

Orzamento: 88.437.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas, poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións consideren oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 19 de agosto de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9606197