Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 29 de agosto de 1996 Páx. 8.111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 94/47, R.C.I. 15/15.673).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Forestal del Atlántico, S.A., co enderezo no lugar de Punta Promontorio s/n, concello de Mugardos (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que segue:

Instalación dunha planta de coxeración definitiva cunha potencia deléctrica total de 24.800 (6.250 kVA autorizados por resolución do 3-11-1994 e 18.550 kVA que se amplían á vista dun estudio en profundidade do aproveitamento calorífico das instalacións). A devandita planta está composta de:

Catro motores de combustión interna alternativos funcionando con fuel oil/gasóleo, de 6.590 kW cada un.

Catro xeradores síncronos trifásicos de 6.200 kVA, tensión de xeración 6 kV e factor de potencia 1.

Un centro de transformación tipo intemperie de 132/6kV para unha potencia de 24,8 mVA.

Instalacións complementarias de aproveitamento de calores en forma de vapor a 10 kg/cm e auga quente a 95º.

Instalacións de baixa tensión e de regulación e control e todo o sistema.

Lugar onde se fai establece-la instalación: factoría da empresa no lugar de Punta Promontorio s/n, concello de Mugardos (A Coruña).

Orzamento: 828.634.030 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 19 de agosto de 1996.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

6332