Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 29 de agosto de 1996 Páx. 8.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación dos contratos de obras de reforma interior para adaptación á normativa contra incendios NBE-CPI-91 nas residencias da terceira idade de Ponteareas e A Estrada.

De conformidade co disposto no artigo 94.2º da Lei de contratos das administracións públicas, esta delegación provincial, resolve publica-las adxudicacións dos contratos de obras nos centros que a continuación se relacionan, anunciados a concurso público no DOG nº 96, do 16 de marzo de 1996.

-Residencia 3ª idade de Ponteareas: adxudícase á empresa Sistemas de Seguridad A-1, S.L., polo importe de oito millóns duascentas setenta e cinco mil cincocentas catorce pesetas (8.275.514 ptas.).

-Residencia 3ª idade da Estrada: adxudícase á empresa Sistemas de Seguridad A-1, S.L., polo importe de catro millóns trescentas cincuenta e nove mil cincocentas dezanove pesetas (4.359.519 ptas.).

Vigo, 29 de xullo de 1996.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

Miguel A. Vázquez Ares

Delegado provincial de Pontevedra

5161