Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 28 de agosto de 1996 Páx. 8.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre modificación e disolución das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das modificacións e disolucións das sociedades agrarias de transformación, conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 29 de abril de 1988, inscritas no rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, que se citan.

A modificación de:

A sociedade agraria de transformación San Cidre, S.A.T. nº 784 XUGA, na asemblea xeral do 5-12-1995 e por maioría, acordan a baixa de 43 socios e a alta de 85, quedando a sociedade integrada por un total de 105 socios. Prodúcese un aumento do capital, pasando de 126.000 ptas. a un definitivo capital social de 626.000 ptas., representado por 626 resgardos nominativos de 1.000 ptas. cada un deles. Acordan o nomeamento de nova xunta rectora, quedando integrada por: José Germán Ferreiro Lavandeira, presidente; Antonio Peteiro Paredes, secretario; José Vázquez García, tesoureiro; Ramiro Antonio Pérez Martínez, José Pereira López, Carlos Seoane Espiñeira e Julián Rodríguez Varela, vocais. Acórdase que para ser socio da S.A.T. a partir do

6-12-1995, é necesaria a compra de 10 resgardos nominativos, á parte de reuni-los demais requisitos necesarios para iso, agás nos cambios de titularidade das explotacións, que seguirán cos mesmos resgardos nominativos có anterior titular.

A disolución de:

A sociedade agraria de transformación Gómez López, S.A.T. nº 794 XUGA, na asemblea xeral do 19-6-1996 solicitan a súa disolución, nomeando a comisión liquidadora.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 1996.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes