Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 28 de agosto de 1996 Páx. 8.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público aberto, da subministración consistente na adquisición de vehículos do grupo D para a Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural (XSUM-19).

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso público aberto:

Obxecto: contratación da subministración consistente na adquisición de vehículos do grupo D para a Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: trece millóns trinta mil pesetas (13.030.000 ptas.).

-Lote A: dous (2) vehículos, 3.400.000 ptas. (3.000.000 de ptas. en metálico e 400.000 ptas. en bens taxados).

-Lote B: nove (9) vehículos, 9.630.000 ptas. (9.000.000 de ptas. en metálico e 630.000 ptas. en bens taxados).

A forma de licitación: será por lotes.

Fianza provisional: lote A; sesenta e oito mil pesetas (68.000 ptas.); lote B, cento noventa e dúas mil seiscentas pesetas (192.600 ptas.).

Fianza definitiva: lote A, cento trinta e seis mil pesetas (136.000 ptas.); lote B, trescentas oitenta e cinco mil duascentas pesetas (385.200 ptas.).

Exposición do proxecto e pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares así como o de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de ofertas, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Estructuras e Desen

volvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (edificio administrativo, s/n, San Caetano, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as ofertas deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 23 de setembro de 1996.

A apertura de proposicións terá lugar o día 27 de setembro de 1996, ás 13 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 1996.

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes