Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 28 de agosto de 1996 Páx. 8.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso, da subministración consistente na adquisición e instalación de equipamento para unha sala de cata de viños.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso:

Obxecto: adquisición e instalación de equipamento para unha sala de cata de viños, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: tres millóns duascentas cincuenta mil pesetas (3.250.000 ptas.).

Fianza provisional: sesenta e cinco mil pesetas (65.000 ptas.).

Fianza definitiva: cento trinta mil pesetas (130.000 ptas.).

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (edificio administrativo), s/n, San Caetano, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, antes das 14 horas do día 23 de setembro de 1996.

A apertura de proposicións terá lugar o día 27 de setembro de 1996, ás 13.30 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239 do 14-12)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes