Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 27 de agosto de 1996 Páx. 8.008

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO.

O Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A. (Medtec) precisa adquirir mobiliario para as unidades clínicas que xestiona nos hospitais do Meixoeiro e Xeral-Cíes de Vigo que se relacionan:

-Cardioloxía intervencionista.

-Cirurxía cardíaca.

-Redioterapia.

-Diagnóstico por imaxe.

O prego de condicións poderá recollerse nas oficinas sitas en Área Central-As Fontiñas, praza de Europa 5A-6º B 15703 Santiago de Compostela.

Envío das ofertas ó apartado 178 de Santiago de Compostela coa referencia UC/MB.

O prazo de presentación de ofertas será de 10 días a partir da data de publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 1996.

Xosé Carlos Abal López-Valeiras

Director-xerente do Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.

6298