Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 27 de agosto de 1996 Páx. 8.008

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO.

O Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A. (MEDTEC) anuncia a contratación do servicio de limpeza e desinfección das unidades de cirurxía cardíaca, hemodinámica, radioterapia en Vigo.

Orzamento da contrata: 11.900.000 ptas. (IVE incluído).

Prazo de presentación de proposicións: debrán presentarse nas oficinas do Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A., praza de Europa 5A-6º B, edificio Área Central, (15703-Santiago de Compostela), de 9 a 14 h, antes do oitavo día natural a partir da data de publicación no DOG.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e técnicas, e demais documentación complementaria, poden ser solicitados nas oficinas do Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A., no horario sinalado con anterioridade.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 1996.

Xosé Carlos Abal López-Valeiras

Director-xerente do Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.