Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 27 de agosto de 1996 Páx. 8.008

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO.

O Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A. (Medtec) anuncia a contratación do servicio de limpeza e desinfección das unidades de resonancia magnética e tomografía computerizada, en Vigo.

Orzamento da contrata: 2.200.000 ptas. (IVE incluído).

Prazo de presentación de proposicións: debrán presentarse nas oficinas do Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A., praza de Europa 5A-6ºB, edificio Área Central, (15703-Santiago de Compostela), de 9 a 14 h, antes do oitavo día natural a partir da data de publicación no DOG.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e técnicas, e demais documentación complementaria, poden ser solicitados nas oficinas do Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A., no horario sinalado con anterioridade.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 1996.

Xosé Carlos Abal López-Valeiras

Director-xerente do Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.

96-6297