Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 27 de agosto de 1996 Páx. 8.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 5 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada pola instructora no expediente sancionador de pesca fluvial que se cita (expediente número 96/0065).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento

sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 5 de agosto de 1996.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Expediente: P-96/0065

Denunciado: Artemio Formoso Barro.

DNI: 76.411.219

Último enderezo coñecido: Virgen de la Luz, 12, As Pontes de García Rodríguez.

Feitos imputados: pescar sendo titular dunha licencia válida sen levala consigo.

Tipificación infracción. Ley de pesca:

Artigo infrinxido: 33.1

Cualificación infracción: leve.

Sanción proposta: 5.000 ptas. multa.

9606099