Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de San Vicente do Pino (O Pino-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 53/1988, do 11 de febreiro (DOG nº 54, do 18 de marzo).
Primeiro.-Con data do 1 de agosto de 1996, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, aprobou o acordo de concentración da zona de San Vicente do Pino (O Pino-A Coruña), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.
Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello do Pino e nos lugares de costume da parroquia durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP.
Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, podendo os recorrentes presenta-lo recurso na Xefatura de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (edificio administrativo de Monelos, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do concello para facerlle as notificacións.
Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser obxecto de recurso ordinario se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).
A Coruña, 2 de agosto de 1996.
Rogelio del Valle Muñoz-Cobo
Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural
96-6150